Wednesday 08 de May de 2024

Os riveirenses respostaron coa súa masiva presenza ao concerto do grupo de Costa de Marfil Saint Luc de Banabakintu


Centos de veciños deixáronse cativar na praza do Concello pola actuación do grupo costamarfileño Saint Luc de Banabakintu: unha iniciativa da asociación Egueire que, en colaboración co Concello e coa Parroquia de Santa Uxía, fixo posible achegar á nosa cidade os ritmos de África a través dun concertó que mesturou música tradicional con sons máis modernos.

Entre os asistentes, o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Cultura Fabiola García; así como o secretario de Egueire, Xosé Manuel Pensado; e o cura párroco de Santa Uxía Cesáreo Canabal.

De xeito paralelo houbo un pequeno rastrillo para colaborar no labor humanitaria que desenvolve a devandita asociación a prol da mellora da calidade de vida dos habitantes de Costa de Marfil tanto na vertente sanitaria como nas económicas e formativa.